INICIO

Tordoia é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Ordes. Segundo o Padrón municipal de habitantes, en 2007 a súa poboación era de 4.467 persoas (2.119 homes e 2.348 mulleres) (4.548 no 2006, 4.617 no 2005, 4.713 no 2004, 4.841 en 2003).

O seu xentilicio é Tordoiés/Tordoiesa.

 





 

 

 

Escudo:

 

As orixes do escudo remóntanse a 1846. A composición é de prata, cunha árbore sinople de dúas copas, sotido de tres ondas de azur e prata, e coa Coroa Real de España que é pechando e engastando de pedras preciosas, composto de oito floróns de follas de acanto, interpoladas de pérolas e de cuxas follas saen outras tantas diademas de pérolas que converxen nun mundo de azur co corpo en ouro e acabando nunha cruz de ouro e todo iso forrado de goles.

Enténdese que a árbore de dúas copas facía referencia á multitude de castiñeiros que había na zona, xa que hai poucos exemplos como este en heráldica. As ondas azuis e prata fan referencia aos numerosos ríos, fontes e arroios que fertilizan e regan o concello.

 

 

 
 
 
 
Hoy habia 1 visitantes (1 clics a subpáginas) ¡Aqui en esta página!
Este sitio web fue creado de forma gratuita con PaginaWebGratis.es. ¿Quieres también tu sitio web propio?
Registrarse gratis