MONUMENTOS
Pedra longa. A aparición de grandes pedras colocadas polo home en sentido vertical durante o período megalítico fainos pensar da súa intencionalidade de perdurar no tempo. O home prepárase para ese transito á divindade, para ese paso á eternidade a través de materiais imperecedoiros, pero ocorre que outras moitas destas pedras colocadas pola mesma natureza en posicións estrañas, como no caso de Muxía, aportanlle un simbolismo e significado similar. Pedra Longa é un conxunto de pedras situadas nun alto (Seixán, Cabaleiros), combinadas entre si para dar unha forma que, para os máis antigos do lugar as trouxo “A nosa señora” (a Virxe María).

A pedra principal de Pedra Longa ten forma de menhir e tamén recolle grande cantidade de lendas. Algunha delas conta que alá polos anos cincuenta se convocó unha espécie de concurso para ver se alguén se atrevia a subir até a parte superior, á final, dous ousados personaxes lograron a sua fazaña a través dun sistema de cordas que ían enganchando mentres subían. O curioso deste feito é que tras falar con unha destas persoas, comentou a existencia dunhas inscripcións no seu cume, cría recordar que eran como números pero a memória traicionaballe lixeiramente e non o puido asegurar con rotundidade. Non se sabe se se podería tratar de petroglifos ou simplemente de alguén que quixo marcar a súa fazaña con anterioridade á aquí narrada.



EMBALSE DE TORDOIA:


DOLMEN DE TORDOIA:

DOLMEN DE TORDOIA. Os dólmenes son construcións de enormes bloques de pedra que configuran unha cabana de forma ovoidal ou rectangular sempre orientadas cara o leste , como é o caso de a “Casa da Moura”, un dos dólmenes mellor conservado en Galicia deste período e que está situado na paróquia de Cabaleiros (saída dirección Tablilla) rodeado dun fermoso piñeiral, e que pola súa importancia histórica convértese en visita obrigada ao camiñante.

O nome da Casa da Moura remóntase a unha vella lenda que narra como se vira aparecer a unha meiga Moura tecendo no seu interior. De todos os xeitos, en toda Galicia atopamos dólmenes con nomes similares, e é que os “Mouros ou Mouras” aparecen en gran parte de lendas autóctonas moi interesantes de escoitar.

A existéncia deste dolmen no área de Tordoia indícanos que o grupo étnico do período megalítico asentado na zona era un dos mais importantes. Dise tamén que estas construccións as colocaban para delimitar territórios asentados, que tras facer unha selección para pastos e cultivo, queimaban zonas de arboleda, e sobre as súas cinzas dedicábano á agricultura. Este dato podería ser bastante preciso debido á orografía do terreo e a calidade dos seus pastos que repercute na súua actividade económica, a gandeira e os cultivos forraxeiros.




 
 
 
 
Hoy habia 2 visitantes (3 clics a subpáginas) ¡Aqui en esta página!
Este sitio web fue creado de forma gratuita con PaginaWebGratis.es. ¿Quieres también tu sitio web propio?
Registrarse gratis